Empeza a proteción das Catedrais ante a afluencia masiva de visitantes

As obras de carácter inmediato recollidas no plan de actuación para a regulación do uso público no monumento natural da praia das Catedrais, na parroquia da Devesa, no concello lucense de iniciaranse este luns, 14 de xullo.

A necesidade de establecer estas medidas débese a que este espazo da Mariña se converteu nos últimos anos nun importante foco de atracción turística e a masiva afluencia de visitantes, en períodos puntuais, representa un problema para a capacidade de acollida e, en consecuencia, un risco para a conservación dos hábitats e formacións xeolóxicas que motivaron a súa declaración.

Por iso levarase adiante unha ordenación do uso público no monumento natural, que sexa compatible coa conservación dos seus valores ambientais e o aproveitamento sostible do recurso turístico.

A praia de Augasantas, coñecida popularmente como As Catedrais, é monumento natural dende 2005 e ocupa unha superficie de 29 hectáreas, das cales 20 corresponden ao medio mariño , e conta con diversas figuras de protección.

 

También te puede interesar