Galicia

Preto do 25% dos estranxeiros que traballaban en Galicia foise dende o inicio da crise

A cifra de traballadores estranxeiros en Galicia descendeu un 4,7 %, a data de maio deste ano respecto ao mesmo período de 2013, segundo un informe feito público este luns por Randstad baseándose en datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O número de traballadores estranxeiros en Galicia, no devandito mes era 29.311, o que supón unha caída fronte aos 30.715 que se rexistraban por esas alturas en 2013.

Ademáis, segundo o ‘II Informe da actividade laboral dos traballadores estranxeiros 2007-2014’, Galicia perdeu un 21,3% dos seus traballadores estranxeiros nos últimos sete anos , pasando de 37.246 en maio de 2007 a 29.311 no mesmo mes deste 2014.

 

También te puede interesar