É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másInstalan unha escultura adicada á Virxe do Carme de 4,5 toneladas de peso en Redondela
Na Praia de Cesantes instalouse unha peza escultórica adicada á Virxe do Carme cun peso de 4.500 kilos, en homenaxe ás xentes do mar. A inauguración da imaxe no municipio redondelán será mañá con motivo da festividade da patrona mariñeira.
A peza elaborada pola Escola de Canteiros de Pontevedra, está realizada en granito silvestre cunhas dimensións de 2,70 metros de alto, 1,20 metros de ancho e 0,70 metros de fondo. A escultura formará parte dun conxunto escultórico en unión coa Virxe do Carme en madeira, que se ubica no mesmo areal.
A nova imaxe contou con axudas da Deputación de Pontevedra e da comisión de festas da Virxe do Carme de Cesantes, para consagrala como un símbolo das súas festas tradicionais e un reclamo turístico dos visitantes na zona.