A Deputación de Lugo aprobará os seus orzamentos dacordo co que digan, directamente, os veciños

O presidente da Deputación de Lugo fai un alto no camiño para consultar onde é o lugar de xuntanza cos veciños

Os orzamentos da Deputación de Lugo para 2015 faranse dacordo coas proridades que sinalarán, directamente, os veciños da provincia. Será a primeima institución do Estado que tome esta medida. Así de craro é o presidente do organismo provincial.

José Ramón Gómez Besteiro non ten dúbidas, “os vecinos son o suficientementes responsables para saber o que máis precisan”…e, dacordo coa súa experiencia, así é, “queren traballar e saber que as súas necesidades están atendidas por iso as súas prioridades están na adopción de medidas que creen emprego e que garantan o benestar”.

Besteiro fala directamente cos veciños e vai persoalmente ás xuntanzas que están a celebrarse en toda a provincia, “pídolles que nos fagan propostas que nos digan en qué queren que investimos os seus cartos”. O presidente da Deputación de Lugo está convencido de que “o intelixente é saber qué o que necesitan, o que queren o que preocupa ás persoas e non agardar a facer campañas electorais para pedir o voto cada catro anos”.

 

También te puede interesar