Vigo al minuto

Cadeiras anfibias, en Samil e O Vao, para persoas con mobilidade reducida

O Concello pon este verán á disposición das persoas con mobilidade reducida cadeiras anfibias coas que acceder ao baño nas praias, dúas en Samil -con catro persoas de apoio- e unha no Vao -con dúas persoas de apoio- durante os meses de xullo e agosto, de luns a domingo, de 11 da mañá a 2 da tarde, ñpola mañá, e de 5 a 8 pola tarde.

O persoal municipal ofrece acompañamento ata a auga na cadeira, o baño e a ducha posterior: no pasado verán por case 250 usuarios únicos e máis de 600 baños. Calqueira persoa pode empregar estes dispositivos anfibios previa solicitude aos servizos municipais.

As cadeiras anfibias forman parte do programa municipal de respiro familiar “Lecer no Verán para Persoas con Discapacidade”, que conta con 89 usuarios e ten lugar no VERBUM no mes de xullo e no centro San Francisco en agosto. O Concello adica 35.000 € para esta iniciativa, unha das 191 actividades programadas para este verán, para un total de case 20.000 prazas.

 

You may also like