Deportes

O Concello aproba un orzamento de 4,2 millóns para Balaídos e a Deputación reitera o seu desexo de colaborar

O goberno local aprobou este mércores o  proxecto de reforma de Balaídos por un orzamento total de 4,2 millóns de euros- 700 millóns das desaparecidas pesetas- para as dúas  primeiras fases. Respecto do finanzamento da remodelación total do estadio, o alcalde anunciou que lle vai facer unha petición de colaboración á Xunta, á Zona Franca e ao Consello Superior de Deportes, ademais da Deputación de Pontevedra.

Na primeria fase das obras acometeráse o reforzo estrutural dos contrafortes exteriores da grada de Río, a substitución da cuberta e o acondicionamento xeral do estadio, cun prazo de execución de 4 meses. Respecto da segunda fase, que se prolongará 6 meses, farase a renovación da fachada de Río e o acondicionamento xeral do estadio coa mellora dos percorridos de evacuación e reparacións estructurais no interior do estadio.

Tamén este mércores, o presidente da Deputación ofreceu ao alcalde “un diálogo sen límites para sacar adiante o proxecto de reforma integral de Balaídos”. Rafael Louzán subliñou que o organismo provincial está disposto a “involucrarse ao máximo neste proxecto sempre que o Concello de Vigo se atope na mesma disposición á colaboración”.

Hai que lembrar que Louzán propuxo hai uns días completar o proxecto inicial do Concello e abranguer todo o estadio, sumando á reforma de Río e Tribuna, as de Gol e Marcador. O orzamento pasaría dos 8 millóns, adiantado polo propio Concello, a 25, logo de que a Deputación aportase a mesma cantidade e implicase no proxecto á Zona Franca.

 

También te puede interesar