Cultura

A Deputación de Lugo honra a Darío Rivas, loitador contra os asasinatos do franquismo

A Deputación de Lugo rende homenaxe este xoves a Darío Rivas que recibirá a Placa de Honra da Provincia de mans do presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro. Darío Rivas, de 94 anos, recibe esta distinción en recoñecemento  á súa laboura “a prol dos dereitos humanos e de defensa dos represaliados e familiares das vítimas da ditadura franquista”.

O pai de Darío, Severino Rivas, alcalde de Castro de Rei, foi asesinado polos falanxistas en 1936. Darío atopábase, daquela, en Arxentina e dende entón- tiña 16 anos-  ata hai so 10, loitou para recuperar os restos do seu pai, que foi soterrado nunha fosa común en Portomarín.

Darío Rivas, único fillo vivo dos 9 que tivo Severino, é o primeiro que presentou unha querela en Arxentina contra os crimes do franquismo, unha querela que non saiu adiante en España polo procesamento do xuiz Baltasar Garzón, ainda que sí foi retomada en Arxentina pola xuiza María Servini, logo da denuncia de Darío.

Este lucense, que fíxo unha viaxe de 13 horas dende Bos Aires, onde vive dende hai preto de 80 anos, pode estar viviendo a súa derradeira estancia en Galicia, a súa terra, recibirá o “recoñecemento, o aprezo, o agarimo e o agradecemento do lugar que o veu nacer e que hoxe lembra a súa contribución e a do seu pai á xustiza e á democracia”.

 

También te puede interesar