Galicia

Rajoy recibirá a Merkel en Compostela, este mes

Merkel e Rajoy

O presidente do Goberno e a chanceler alemaña manterán unha xuntanza en Compostela, este mes, antes do Consello Europeo de Bruxelas do vindeiro día 30, no que os líderes da Unión Europea tentarán pechar o nomeamento de diferentes cargos das institucións comunitarias.

Ainda non se coñece a data concreta da visita de Angela Merkel a Santiago, pero segundo fontes do Goberno, adiantan que Rajoy e a chanceler visitarán varios dos lugares máis coñecidos da capital galega.

Rajoy, que está de vacacións en Doñana, viaxará coa familia a Ribadumia, para pasar uns días antes de voltar á Moncloa.

Na xuntanza con Merkel podería avanzarse no nomeamento do presidente do Consello Europeo, a composición da Comisión, que preside o conservador Jean Claude Juncker e, sobre todo, e iso é o que máis interesante para o presidente do Goberno, o nomeamento do seu ministro de Economía, Luis de Guindos, como presidente do Eurogrupo.

 

También te puede interesar