Galicia

Familias con menos recursos poderán solicitar dende este martes o ticket eléctrico para rebaixar o recibo da luz

A Xunta abre este martes o prazo para solicitar o ticket eléctrico, que permitirá reducir o custo da factura ás familias que dispoñen de menos recursos.

Este luns o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria deste bono, que reportará 90 € ao ano aos beneficiarios, pero poderá elevarse ata os 120 € no caso das familias numerosas. O ticket terá unha duración dun ano.

Os interesados poden pedir a axuda dende este martes e ata o próximo 5 de novembro a través da sede electrónica da Xunta -https://sede.xunta.es– ou da páxina web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-.

A actuación está dirixida ás preto de 14.000 familias cuxos ingresos non superan o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) e teñen fillos ao seu cargo. A medida sumarase aos beneficios da nova TUR -antigo bono social-, co que a Administración galega estima que poderán alcanzarse aforros de ata un 40%.

 

También te puede interesar