Afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño realizarán un acto de protesta, o vindeiro xoves, 14 de agosto – ás 11 e media da mañá- diante do Concello de Tui para rexeitar o pagamento das multas impostas a este colectivo.
Segundo o voceiro da plataforma, “a intención destas multas non é outro que o de amedrentar aos afectados, e sendo nos reiteradamente reprimidos, que nos vemos na obriga de afrontar con preto de 7.100 € para poder emprender os correspondentes recursos por vía xudicial e así demostrar a represión que dende o Concello de Tui se está a levar a cabo cos aforradores”.
So a Plataforma de Afectados polas Preferentes de O Baixo Miño suma, en total, 16.000 € en multas, entre elas os 100 € impostos a Encarnación, de 74 años, por golpear o tapacubos dun 600 cunha barra de ferro; 600 € a outra afectada, que grababa imaxes cun móvil, por “desórdenes graves na vía pública”, ao impedir a salida dun coche oficial; 80 € –por coaccións, a unha muller de 82 anos que necesita un andador para moverse, por increpar a axentes e proferir frases ofensivas á autoridade; so polas concentración nos concellos de O Rosal e Tui esas sancións achéganse aos 10.000 €, e o voceiro da Plataforma, Xulio Vicente, acumula, él so, preto de 7.000 € en multas.