A Autovía do Cantábrico, a A-8, estivo pechada ao tráfico 10 horas este sábado, de novo pola néboa, segundo informou a Garda Civil O peche abranguiu, cómo non, aos 16 quilómetros do treito entre Arroxo- en Lourenzá- e A Xersta- en Abadín- na provincia de Lugo, dende a 1 e media da mañá ate preto do mediodía.
Este feito xa é algo normal dende o 16 de xuño, cando houbo un acidente entre 50 coches- no que morreu unha muller- e que fai que se desvíe o tráfico pola N-634.