O galego Álvaro Fernández Fiuza, xunto co asturiano Walter Bouzán, gañaron este sábado a 78ª edición do Descenso Internacional do Sella, e fixérono por quinta vez consecutiva, algó non conquerido antes por ninguén. Foi cun tempo de 1 hora, 6 minutos e 43 segundos.
Os vencedores bateron o récord do cántabro Julio Martínez- o ‘rei do Sella’- tiña catro victorias consecutivas co mesmo compañeiro.
Na saída de Arriondas, a K-2 gañadora tivo algúns problemas para arrincar entre as 644 embarcacións participantes, con 895 padexeiros a bordo e o elevado caudal impediu que optase á marca da proba, conquerido en 2009 e establecido en 1 hora, 1 minuto e 14 segundos.