O verán volve o xoves

Este luns Galicia quedará na influencia das altas presións, polo que amenceremos cos ceos parcialmente cubertos e con bancos de néboa que se irán disipando para deixar unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados.

As temperaturas mínimas descenderán moderadamente, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Por cidades, en Ourense o termómetro chegará aos 30 graos, en Lugo e Pontevedra ate os 24 e en Vigo teremos 22 graos- cunha mínima de 14-.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, o martes debilítase novamente a influencia anticiclónica sobre Galicia permitindo que unha fronte moi feble se achegue dende o Atlántico. Deste xeito pola mañá os ceos estarán moi anubrados, con chuvias máis persistentes na franxa atlántica e máis ocasionais no resto. Co avance da tarde irán remitindo estas precipitacións e mesmo abriranse claros. As temperaturas non experimentarán cambios significativos.

Non será ate o xoves, día 14, cando Galicia quede baixo a influencia do anticiclón das Azores que se irá achegando dende o Atlántico e baixando a probabilidade de precipitacións. A posición do anticiclón permitirá a entrada de aire máis cálido dende o sur, polo que as temperaturas ascenderán, especialmente no sur.

 

Te podría interesar