É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Rede de Solidaridade pide ao alcalde que atenda os “centos de peticións de axuda paralizadas no concello”
Preto dun cento de persoas atenderon este xoves a convocatoria da Rede de Solidariedade Popular– integrada pola Federación de Veciños (Favec), o colectivo O Imán e asociacións sindicais e cidadás- e pedíronlle ao alcalde, diante da entrada do Concello, que “saia do despacho, fale coa xente da rúa e atenda os seus problemas”.
A mobilización estivo motivada polos “centos de axudas que solicitadas por persoas que están nunha situación extrema e que seguen paralizadas, dende hai moitos meses, no concello”. Por iso pedíronlle a Abel Caballero que atenda as mesmas, “porque a xente come todos os días e non pode seguir agardando” e que dote de máis orzamento á Consellería de Benestar, “ou vaise a producir unha crise social que non terá marcha atrás”.