Cultura

Defensa da Sanidade Pública alerta de que xa hai listas de espera en Atención Primaria

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denunciou este xoves que apareceron listas de espera en Atención Primaria, o que representa un “deterioro da calidade da asistencia e unha masificación das consultas”.

Segundo a asociación, estas listas de agarda son “incompatibles coa propia natureza da atención Primaria” xa que “esta é a porta de entrada ao sistema sanitario público e debe atender de xeito inmediato” aos pacientes.

Ademáis delo, Defensa da Sanidade Pública alerta do colapso das Urxencias e o crecimiento das listas de espera para consultar ao especialista e para operarse. Elo, segundo suibliña, débese á “redución do persoal sanitario mediante xubilación forzosa e a amortización dos postos vacantes”, ao peche de máis de mil camas nos hospitais durante o verán e a falla de sustitución dos profesionais que collen vacacións, “nos hospitais e nos centros de Atención Primaria”.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública fai un chamamento aos cidadáns e ás organización sociais para que se manifesten e “rexeiten os recortes, o peche de camas e esixan a sustitución dos profesionais sanitarios”.

 

También te puede interesar