Membros da Plataforma de Afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño concentráronse ante o Concello de Tui en protesta polas multas que lles foron impostas por diferentes administracións e que consideran “unha persecución e un intento de reprimirnos”.
A concentración produciuse logo de que os afectados pagaran este xoves 7.100 € en sancións administrativas que lles foron impostas pola Casa do concello tudense por participar “supostamente nunha concentración irregular e forcexar” con axentes de corpos de seguridade.
Segundo o voceiro da plataforma, o pasado 30 maio de 2013, o alcalde negoulles a entrada ao aínda que lles indicou que poderían facer rogos e preguntas, polo cal congregáronse diante do Concello e, sen que houbese altercado algún.
Ainda así, e sen que ningún deles fose identificado, a 11 persoas impuxéronlles multas de entre 500 e 600 € e, no caso do voceiro dos afectados, dous, a primeira pola suposta “convocatoria da concentración irregular” e a segunda por un presunto “forcexo coa policía”.
“Estou seguro de que nos multaron mirando as imaxes que saíron nos medios de comunicación”, di Xulio Vicente, quen subliñou que varios dos multados nin estiveron presentes ese día, porque estaban no traballo.
En total, so na Plataforma do Baixo Miño, 20 aforradores recibiron máis de 50 multas por un total de 18.000 €, dos cales, 6.000 terán que pagalos antes do día 20 de setembro. En total, os afectados terán que facerlle fronte a 23.000 € de multas, polo cal acudirán á vía xudicial…eso sí para poder facelo terán que pagar o 40% daquela cantidade en taxas xudiciais: máis de 9.000 €.