Galicia

Sindicatos denuncian o «aforro» de 300 millóns en prestacións por desemprego en Galicia e piden que volvan ás familias

As centrais sindicais aseguran que, a finais deste 2014, o aforro en Galicia en prestacións por desemprego debido á «perda de cobertura tan alarmante» superará os 300 millóns de euros. Por elo esixen que esa cantidade “debe retornar para dar ingresos abondos ás familias e inverter en políticas activas».

Os sindicatos denuncian que as políticas «conservadoras e de axuste, que impoñen os gobernos do PP, contribúen ao mantemento de altas taxas de desemprego e tamén ao incremento das persoas desempregadas que non cobran ningún tipo de prestación ou esta é tan reducida que non lle permite garantir un mínimo para subsistir».

En 2013, subliñan, o gasto en materia de prestacións por desemprego en Galicia foi de 1.635 millóns de euros, cando en 2012 fora,, de 1.740 millóns. A variación foi, así, de 105 millóns, un 6,1% menos, “cantidade que, evidentemente, está a aforrar e que é de dereito que retorne cara aos que máis o necesitan, os desempregados e as súas familias».

No que vai de 2014, indican,esta tendencia «se acentúa aínda máis: o acumulado a xuño en gasto por prestacións é de 726,3 millóns e no mesmo mes do pasado exercicio ascendía 871,7 millóns, unha diferenza xa do 16,7%, superando en 10 puntos o que sucedía cos datos de 2013 en relación con 2012″. Isto pon de manifesto, «unha evolución progresiva cara ao aforro en coberturas».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.