Vigo al minuto

Remata a folga en Denso

A auxiliar da automoción Denso, que fabrica equipos de climatización para a planta de PSA Peugeot Citroën, volve á actividade este domingo ás 10 da noite, logo de desconvocarse a folga indefinida iniciada o pasado martes.

Logo de varias roldas de negociacións, empresa e sindicatos chegaron este sábado a un acordo que- no caso de que sexa ratificado pola asamblea de traballadores- suporá a sinatura dun convenio que estará vixente ata 2017.

O acordo abrangue un incremento salarial, novas contratacións, e a redución das xornadas de traballo, entre outras medidas.

 

También te puede interesar