Galicia

Folga de maquinistas de Renfe os vindeiros 12 e 15 de setembro

O sindicato de maquinistas ferroviarios, Semaf,ven de convocar dúas xornadas de folga en Renfe para os próximos días 12 e 15 de setembro.  Con estes paros, os maquinistas manifestan o seu rexeitamento á resolución da convocatoria de mobilidade xeográfica para o persoal de condución que, segundo Semaf, Renfe publicou “sen acordo co comité de empresa”.

“Semaf non vai permitir que decisións unilaterais por parte da dirección da empresa poñan en perigo a actividade produtiva de Renfe, polo que o persoa de condución irá á folga os próximos días 12 e 15 de setembro”, indica Semaf nun comunicado.

Estes dous días de folga convócanse tras os paros que tiveron lugar en Renfe e Adif os pasados días 31 de xullo e 1 de agosto, coincidindo cunha das operacións saída e retorno máis importantes do verán, que foron convocados por CC.OO., CGT e Sindicato Ferroviario e que tamén tiñan as convocatorias de mobilidade laboral entre os seus motivos.

 

También te puede interesar