É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCitado a declarar como imputado o alcalde de O Barco de Valdeorras
O Xulgado de Instrución número 1 de O Barco de Valdeorras citou ao alcalde da localidade, o socialista Alfredo García, en calidade de imputado, pola concesión do servizo municipal da ORA, logo da denuncia presentada polo grupo municipal do PP, pola comisión dun suposto delito de prevaricación en concurso con delito de malversación.
O auto xudicial sinala que a denuncia se refire a cuestións de transcendencia para o esclarecemento dos feitos, polo que se considera necesaria a práctica de probas, como a declaración do mesmo García.
Na súa denuncia, os populares explican que en decembro de 2004 se aprobou o prego de cláusulas administrativas para o concurso, en procedemento aberto, do servizo de ordenación e regulación do aparcamento (ORA).
En xuño de 2005, o alcalde “subscribiu o contrato para a xestión do servizo e, dous anos e dous meses despois, formalízase a prórroga”, algo que, segundo sinalaron os populares, “se levou a cabo incumprindo o prego de cláusulas administrativos”.
A concesión outorgada á empresa Dornier finalizou coa prórroga en 2009 e “non cabía posibilidade doutra”, segundo explican na denuncia. Non obstante, advertiron, esta actuación “infractora agrávase ao ampliar a zona de cobertura do servizo” a rúas que non estaban incluídas, nin no contrato nin na prórroga do servizo da ORA.