Galicia

‘Podemos’ achégase aos 6.000 afiliados en Galicia

5.678. Ese é o número de afiliados que ten ‘Podemos’ en Galicia, a quinta comunidade do Estado na que máis persoas se inscribiron á formación. O sistema de afiliación de ‘Podemos’ é distinto da dos partidos tradicionais: a inscrición é gratuíta e non implica o pagamento dunha cota.

En Galicia, o Partido Popular ten 101.000 militantes, o PSOE 11.094 e o BNG con 7.096. Cos seus 5.678 inscritos, ‘Podemos’ sitúase por enriba de IU, con 1.400, e de Anova, con 1.200, formacións que integran a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

Para solicitar financiamento, ‘Podemos’ puxo en marcha paralelamente un sistema de colaboracións periódicas que non require ser militante da formación. Non obstante, o partido establece que os “inscritos” ou “membros” son os que terán a capacidade de participar nas votacións que se leven a cabo na formación, incluídas as que se celebrarán ao longo da asemblea constituínte de outono que decidirá non só o formato de partido que adoptará Podemos senón tamén a nova dirección.

 

También te puede interesar