Afectados polas Preferentes recurren máis de 10.000 € cos que foron multados por reclamar os seus aforros

Afectados polas Preferentes (arquivo)/Tresyuno Comunicación

Membros da Plataforma de Afectados por as Preferentes do Baixo Miño acudiron este luns ao Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra para presentar 22 recursos, para continuar pola vía xudicial reclamando a retirada das multas impostas ao colectivo.

Ao rematar a entrega no Rexistro, medio centenar de membros desta plataforma levou a cabo unha concentración ante a subdelegación del Gobierno en Pontevedra. “Para amosar a nosa repulsa a estas sancións arbitrarias impostas coa intención deamedrentar e intentar eliminar este movemento social que lles resulta molesto”, indicou o voceiro desta plataforma.

Este luns presentáronse reclamacións contra unhas multas que, en total,suman máis de 10.000 €, que se suman a outros 9 recursos que superan outros 5.000 “e ainda nos quedan outros 3.000 € máis en multas que imos recorrer, temén”.

As mesmas foron impostas a persoas de Tui e O Rosal por concentración ilegal e resistencia á autoridade, indicou o voceiro da Plataforma. Vicente subliñou que os aforradores xa pagaron 7.000 € en multas debido a que o pasado 20 de agosto vencía o prazo e, no caso de non aboar a sanción Hacienda procedería ao embargo das súas contas bancarias.

Os afectados denunciaron, ademáis o feito de que tivesen que pagar 3.000 mil euros para facerse cargo do 40% das taxas xudiciais para o recurso, motivos todos eles polos que esixiron a dimisión do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello.

 

También te puede interesar