Estará en el antiguo edificio de los juzgados, que se reformará completamente
Leer másLugo terá un centro de formación para persoas con autismo a partir de 2015
A Deputación de Lugo e a Asociación Raiolas asinaron este luns un convenio a través do cal o ente provincial cede a gardaría do campus durante 20 anos á organización para crear o primeiro centro da provincia para a formación de persoas con autismo maiores de 16 anos.
Deste modo, Lugo deixará de formar parte do grupo de doce provincias españolas nos que non existe ningún centro deste tipo, segundo explicou o presidente da Deputación.
“Trátase dun momento histórico, conseguimos que Lugo deixe de situarse nunha posición na que se atopan só doce provincias, polo que é un feito histórico e ademais saldamos unha débeda histórica”, afirmou José Ramón Gómez Besteiro.
O centro empezará a funcionar a principios do ano 2015 cun número de prazas que oscilará entre 15 e 20, para formar persoas con autismo.
A presidenta de Raiolas, Inés Flores, sostivo que “esta meta á que chegamos hoxe tamén é un punto de partida para poñer en marcha un centro de día para persoas con autismo que se xustifica porque permite combinar a formación coa adquisición de habilidades básicas”. A asociación Raiolas presta apoio a persoas con autismo dende o ano 2000 en Lugo.