201.383 alumnos de Infantil, Primaria e Educación Especial empezarán este mércores, 10 de setembro, as clases do curso 2014-15, o que supón un 0,3 % menos que o ano pasado. Estos son os datos provisionais facilitados este luns pola Consellería de Cultura e Educación.
65.093 alumnos empezarán este mércores nas aulas de infantil, o que supón un 3,2 % menos que no curso pasado, un descenso que nos centros públicos é do 3,5 % -63.802 matriculados nos públicos e concertados e 1.291 en privados- , derivado da “progresiva caída da natalidade”.
Por provincias, en A Coruña, hai 19.828 matriculados en centros públicos e 8.008 en privados e concertados; na de Pontevedra, 16.917 e 7.723 alumnos respectivamente; en Lugo, 4.762 e 1.744, e 3.960 e 2.151, respectivamente.
Pola súa banda, a Consellería indicou que 134.968 alumnos empezarán as clases de primaria en Galicia, o que supón un 1,1 % máis que no curso anterior: 94.614 en centros públicos, 2.585 en privados non concertados e 37.769 en privados concertados.
Por provincias, en A Coruña están matriculados 40.208 en centros públicos, 1.312 en privados non concertados e 14.955 en privados concertados; en Pontevedra, 36.129, 872 e 15.076, respectivamente; en Lugo 9.774, 272 e 3.397; e en Ourense, 8.503 en centros públicos, 129 en privados non concertados e 4.341 en privados concertados.
No referido a educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.322, un 4 % menos que o curso pasado, de eles 596 en centros públicos e 726 en centros privados non concertados.
Os centros que dende o 10 de setembro impartirán ensinanzas de Educación Infantil, Primaria e educación especial ascenden a 997, distribuídos en 380 na provincia da Coruña, 377 en Pontevedra, 124 en Lugo e 116 en Ourense.
Ademaís, un total de 363 alumnos e alumnas cegos ou con discapacidade visual grave de Galicia iniciarán estes días o regreso á actividade escolar e académica. O 99 % dos alumnos xa estuda en centros de ensino ordinarios “o que indica que a inclusión educativa é practicamente total” engade a ONCE nun comunicado.
Ao respecto, afirma que “a inclusión permitiu lograr que unha vez finalizados os estudios da ESO, a taxa de abandono escolar dos alumnos cegos -9,6%- sexa tres veces inferior á media de abandono do ensino en España -23,5%- e dous puntos inferior á media europea -11,9%-“.