Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, o concelleiro Ángel Rivas- que ven de ser citado a declarar como imputado nos presuntos delitos de negociación prohibida a funcionarios e prevaricación administrativa– adianta “a miña absoluta disposición a cooperar coa Xustiza para o esclarecemento de todos os feitos”.
Rivas asegura que acudirá a declarar o cal, subliña, “por fin me permitirá defenderme de acusacións completamente infundadas que se verteron sobre a miña persoa nos dous últimos anos e,que quero reiterar, son completamente falsas”.
O concelleiro de Limpeza, Parques e Xardíns e Distritos, amosa o seu respecto polas actuacións xudiciais e do Ministerio Fiscal, e insite, “defendereime destasacusacións falsas porque todo o traballo que desenvolvín realiceino sempre cun escrupuloso respecto á lei e á decencia. Estou convencido de que demostrarei a miña absoluta inocencia respecto das falsas acusacións das que estou sendo obxecto nalgúns medios de comunicación”.