A Coruña e Pontevedra, en alerta por chuvias, tormentas e fenómenos costeiros

Un total de catorce provincias estarán este mércores en situación de risco por chuvias, tormentas, e fenómenos costeiros -entre elas A Coruña e Pontevedra– segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Para A Coruña e Pontevedra, a Aemet activou os avisos por risco de fenómenos costeiros en espera dunha oscilación do mar de 0,7 metros.

En concreto, estará nubrado ou moi nubrado no terzo Oeste peninsular, norte de Aragón, Cataluña e sistema Central, con chuvascos ou tormentas débiles a moderados e con posibilidade de que sexan localmente fortes e persistentes nas Rías Baixas. En canto ás temperaturas, a Aemet espera un descenso lixeiro a moderado na vertente atlántica.

 

También te puede interesar