Galicia

Máis de 2.300 estudantes comenzan a selectividade de setembro

Chegou o primer día de selectividade de setembro. Un total de 2.312 alumnos deberán pasar ás probas de acceso para entrar na Universidade, según a Comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG). Despois de varios días coas clases comezadas, 63 titulacións non dispoñen de vacantes para o novo alumnado.

No primeiro exame da xornada, Lingua Castelá e Literatura, non faltaron nas cuestión teóricas, Antonio Machado ou Crónica dunha morte anunciada. As opcións a escoller, un comentario crítico sobre un texto de Jordi Soler, sobre a saturación dos estímulos externos, a saturación tecnolóxica e a importancia da reflexión nos tempos modernos; ou o escrito de Eugenio Fuentes sobre a problemática do bullying e do acoso nas escolas.

A continuación, os alumnos realizaron ás probas de Historia de España e Historia da Filosofía. Pola tarde, foi o turno de Lingua Galega e Literatura; e de seguido, Lingua Estranxeira.

 

También te puede interesar