25 pais de alumnos e profesores do Colexio Suárez Marquier de O Rosal, cumpren unha semana pechados no centro como protesta pola falta dun profesor que, segundo declararon, “é imprescindibel para garantir a calidade do que ensinamos aos rapaces”.
Dende o pasado día 10, durmen en colchonetas, primeiro na aula multiusos e un dos corredores do colexio, e agora noutras dependencias “máis cómodas”– se durmir no chan ou nunha colchoneta pode calificarse de cómodo- medida que compatibilizan con quendas máis curtas.
Netes 7 días, os responsables da Consellería de Educación non cambiaron a súa opinión e manteñen que chega cos profesores que hai para garantir a calidade da atención aos rapaces do centro.