Vigo al minuto

Pescanova vende Acuinova, a súa filial en Chile, por 93 millóns

A multinacional norueguesa Marine Harvest ven de comprar os activos de Acuinova Chile, filial de Pescanova, en creba, por 93 millóns, segundo informou a compañía. Os activos abranguen un criadeiro, unha instalación ‘smolt’ de crías de salmón, 36 licenzas de auga de mar e un centro de transformación cunha capacidade total de 40.000 toneladas por ano HOG.

Marine Harvest estima que o cambio de propiedade se peche no derradeiro trimestre deste 2014, ainda que o acordo está pendente da aprobación das autoridades.

Este acordo é, anunciou a empresa norueguesa, un paso decisivo na creación dunha forza de producción sostible na industria da acuicultura chilena.

 

También te puede interesar