A XIII edición do Festival SonRías Baixas, programado para o venres 19 e sábado 20 de setembro, no Multiusos da Estacada en Bueu, cancélase polo temporal, segundo comunica a organización.
O evento foi suspendido pola “choiva e o vento, que non nos deron tregua, fixeron imposible a montaxe do escenario e dos equipos de son e luz” informa o equipo do Festival, “facéndolo definitivamente inviable polo risco físico que suporía para os artistas, montadores, intervintes e asistentes”, expoñen. A organización lamenta o acontecido, “entristécenos moito máis do que xamais seremos capaces de transmitirvos. Sentímolo, de corazón.”
O equipo SonRías Baixas explica que devolverán o 100% do importe das entradas. Aquelas persoas que as mercaron por Internet, recibirán a cantidade automáticamente na tarxeta, dende que fixeron a compra nun prazo de 3 a 15 días hábiles. As compras realizadas nun punto de venda físico, poden canxearse polo importe na billeteira esta tarde e mañá, ou no mesmo punto de venda a partir do mércores, día 24. En caso de dúbidas, o correo para os interesados é [email protected], ou a través do Facebook ou do Twitter.