O representante de UGT na planta de Citroën alertou este venres, durante unha xuntanza con traballadores no Auditorio, que a fábrica ten que recibir o encargo de facerse con dous modelos para manter o emprego e non desbotou, axiña, un novo Expediente de Regulamento de Emprego (ERE).
Ainda que Rubén Pérez recoñeceu que PSA Vigo montará a nova furgoneta K-9, advertiu que non sería suficiente e que precisa ocuparse doutro modelo máis, algo que, na súa opinión, non será antes de 2 ou 3 anos.
Por iso, salientou “pasaremos por dificultades e esos anos haberá axuste”. Na súa opinión, indicou que “esgótase recurrir á aventualidade e as quendas variables” e que iso fará, que “nos vindeiros meses” haxa que negociar un novo ERE “suspensivo”.
Pérez afirmou que, dacordo cos seus cálculos, Citroën precisa producir 430.000 vehículos anuais e, “logo da baixada da demanda”, este ano rematará con preto de 380.000.