Xa está ao 35 por cento, polo que está previsto que a finais de xuño o pavillón e o campo de fútbol de Navia estén listos e operativos. Cunha inversión de 6 millóns de euros financiados polo Plan E do 2009, este polideportivo será o segundo máis grande de Vigo tras As Travesas, terá capacidade para 1.500 persoas e estará dotado de ximnasio, enfermería, ascensor, 8 vestiarios, sala de control antidopaxe e bancada móbil para 384 espectadores.
Esta semana rematará a construción da estrutura metálica da cuberta e unha semana despois a estrutura da fachada, polo que nun mes estará finalizada a cuberta. De xeito paralelo irase traballando no acabado interior. Nas vindeiras fases está previsto continuar desenvolvendo a dotación deportiva de Navia cunha piscina olímpica, con pistas de padel e outras instalacións.