Vigo al minuto

“Colapso asistencial” no servizo de partos do Xeral

Traballadores do Hospital Xeral denunciaron o “colapso asistencial” na mañá deste luns no servizo de partos do Xeral, o que atribuíu ao peche do servizo de xestantes durante o verán.

Segundo os mesmos, este luns había cinco mulleres embarazadas con cita fixada a primeira hora da mañá para valorar o seu ingreso por parto programado pero, aínda que esperaron ata as 2 da tarde, “unicamente unha delas conseguiu cama” para o seu ingreso no hospital. “O resto das xestantes tivo que agardar acompañadas polas súas familias en distintas salas do centro médico”.

“Ao estar pechadas as camas do servizo de xestantes este verán, non poden ingresar en ningunha parte e tan só poden usar as camas libres que hai en partos”, indicaron.

Ademáis delo, confirmaron que o mesmo ocurriu o pasado 30 de agosto: unha muller que acababa de dar a luz estivo máis de 12 horas nunha habitación sin ventilación, e sin ducha co seu pequeno e tamén un caso semellante “xa en maio”.

 

También te puede interesar