A Asociación Cultural O Coto da parroquia de Cabral ven a organizar por décimo ano un percorrido polos montes veciñais en Man Común das Parroquias de Cabral e Candeán. A ruta, organizada para o domingo 28 de setembro ás 10 horas, coincide en gran parte co Sendeiro Panorámico de Vigo.
A saída, dende o Parque Forestal do Vixiador (Candeán), concentrará aos participantes ás 9 e media. Aproximadamente, serán 7 km de traxecto, finalizando o percorrido no Parque Forestal de Cotogrande (Cabral). A organización ofrece un autobús gratuito para voltar ao punto de partida.
A iniciativa quere mostrar a beleza dos montes de ambas parroquias, integrados por multitude de pistas e camiños aptos para o sendeirismo, e asequibles a calquera idade e condición física. Finalmente, haberá un sorteo de agasallos ao remate da ruta.