FOTOGRAFÍAS: ERNESTO ILKERMN/ A Asemblea de Movementos Sociáis de Vigo, tras manifestarse este sábado pola mañá, decidiu alongar a súa protesta cunha acampada diante da sé da Xunta de Galicia para “reclamar o que nin o Goberno galego, nin o Concello nin o Goberno do Estado nos dan”, coincidindo co “luxo” da chegada de dous xigantes do mar, o Oasis of the Seas e o Celebrity Infinity.
Segundo subliñaron, os dereitos básicos recollidos na tan loubada Constitución “que para moitos políticos debe estar colgada a modo de papel hixiénico no retrete…iso si, éncheselles a lingua con ela, pero… o que din é merda”. Fronte a inacción das Administracións públicas afirmaron que hai que reclamar o que “é noso, por dereito, e por dereitos humáns, e cartos non faltan”.
Como denunciaron, “¡Non pode ser! ¡Escaleiras mecánicas e xente sen comer!”, en referencias as escaleiras da Porta do Sol, “polo módico prezo de 489.769,49 €”… “mentres se facían… ata catro persoas morreron abandonadas no Asilo do Barrio do Cura”.