Galicia

Un morto e 71 persoas asistidas, en 50 accidentes de circulación durante a fin de semana en Galicia

O servicio 061 asistiu a 71 persoas en 50 accidentes nas estradas galegas, durante a última fin de semana de setembro, dende as 15 horas do venres, ata a noite do domingo, engadindo no balance unha víctima mortalO maior número de sinistros foi o sábado con 20 sucesos, segundo informa Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Por provincias, A Coruña contabilizou a maior cantidade de sinistros con 23 casos; seguido de Pontevedra, con 19; Ourense, con 5; e Lugo, 3. A Central de Coordinación recibiu 62 alertas, que xeraron 50 asistencias sanitarias. En total, 71 persoas atendidas, un 65% de homes, e un 35% mulleres. Por idades, o 41% dos asistidos, tiña entre 15 e 29 anos.

En 64 ocasións, as persoas foron trasladadas aos centros sanitarios correspondentes, e 6 recibiron asistencia no lugar do incidente. A ambulancia medicalizada acudiu a 9 sinistros, o helicóptero trasladou a 2 persoas e as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 accidentes.

You may also like