Deportes

A metade dos galegos ten sobrepeso

Un estudo da Consellería de Sanidade sobre actividades de risco na poboación galeva, sinala que a porcentaxe de galegos con problemas de obesidade medrou dende 2005.

Segundo o presidente da Xunta, máis da metade da poboación ten problemas de sobrepeso, un factor de risco de moitas enfermidades, especialmente das doenzas cardiovasculares.

A porcentaxe de galegos que son obesos medrou nos últimos 9 anos pasando do 12 ao 16%, mentres que o 39% ten sobrepeso. A poboación con peso baixo é do 1,8%, en especial rapazas de 16 a 24 anos, das cales o 18,2% pesa menos do que debía.

 

También te puede interesar