Galicia

Detida unha persoa en Santiago á que se lle aplicou a lexislación antiterrorista

Un numeroso grupo de axentes da Garda Civil detivo, este serán en Compostela, a un home e procedeu ao rexistro dun inmoble da rúa Espíritu Santo. Segundo as primeiras informacións, una ducia de coches do instituto armado chegou ao lugar e cortou a rúa para, axiña, deter a esta persoa.

Segundo fontes da investigación, ao detido aplicóuselle a lexislación antiterrorista e está sendo trasladado a Madrid. As mesmas fontes non quixeron confirmar se o detido pertence a algún grupo armado ou se ten relación coa explosión dun artefacto no Concello de Baralla, o mércores pasado.

 

También te puede interesar