Vigo al minuto

SIT gaña as eleccións sindicais en Citroën, como os últimos 30 anos

Non houbo sorpresa e o Sindicato Independente de Traballadores (SIT) gañou, como os pasados 30 anos, as eleccións sindicais da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën. O SIT conqueriu 20 dos 33 representantes do Comité de Empresa da fábrica.

Os outros 13 delegados son: 6 de UGT- que perde un dos que tiña-, 3 de Comisións Obreiras- que tamén queda sin un- 2 da CIG- que perdeu 3 representantes- e 2 da CUT, que entra no comité.

Preto do 96% dos 6.300 traballadores da fábrica de Vigo participaron nestas eleccións que, segundo a dirección da factoría, celebráronse con normalidade e sen interferir na producción.

 

You may also like