O Parador de Turismo ‘San Telmo’ de Tui promove unha interesante iniciativa que baixo o nome de ‘Anecdotario tudense’ pretende realizar mensualmente o último domingo de cada mes unha tertulia arredor de anécdotas da vida da cidade ao longo do tempo. Cada mes unha persoa de Tui abrirá a tertulia narrando unha destas anécdotas e abrindo así a quenda para a intervención dos asistentese e a festa comezará esta tarde.
Para abrir esta nova iniciativa ás 18:00 horas Alberto Estévez Piña realizará un achegamento aos inicios do Parador, como se xestou a súa construción, como foi decidida a súa ubicación… A pequena historia deste establecemento turístico cunha construción que supuxo un fito na vida local. O tertuliano foi durante moitos anos corresponsal de Faro de Vigo na zona e é un dos maiores coñecedores da zona.
O ciclo terá continuidade nos vindeiros meses coa intervención doutros veciños de Tui como Javier González Rodríguez (abril), Ricardo García Fernández (maio), Jesús Pazo Díz (xuño) e Manuel Vázquez de la Cruz (xullo).