O sindicato independe, ANPE, ven de pedir a dimisión do Xefe Territorial da Consellería de Educación en Pontevedra, César Augusto Pérez Ares, despois de que o Xulgado do Contencioso número 1 de Vigo, rexeitase as sancións contra varios directores de colexios da cidade impostas pola Xunta, logo de acusalos de ‘apropiación indebida’ pola xestión dos comedores escolares.
ANPE “non pode mais que congratularse da sentenza xudicial que anula a sanción imposta pola Administración a dous dos directores de Vigo expedientados por actuacións relacionadas coa xestión dos comedores escolares”, asegura o sindicato que lembra que dende o primeiro momento mantivo a coherencia de manterse firme na defensa dos directores afectados e a “improcedencia dos expedientes incoados por unha administración que só vía responsabilidades nos directores e non na súa propia actuación -ou falta desta- no desempeño das funcións que lle competen de supervisión e control do funcionamento dos centros”.
Hai que lembrar que, recentemente o sindicato denunciou publicamente a “política disciplinaria da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra e a improcedencia de moitos dos expedientes sancionadores”, e “nesa mesma liña de protesta”, os representantes de ANPE levantáronse da mesa na última xuntanza celebrada entre a permanente da Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra e a administración. “Agora a xustiza danos a razón e, por todo elo esiximos a dimisión inemediata de César Augusto Pérez Ares”.