Máis de 200.000 espectadores e 400 películas proxectadas. O Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independente (Bafici), o evento cinematográfico máis importante de Latinoamerica, chega o 7 e 8 de abril cunha importante representación da producción galega na súa programación.
Este ano o festival contará cun ciclo de cine galego con 8 sesións que se proxectarán no Cine Parque Xacobeo, unha popular sala situada no barrio de Villa del Parque, e que contará coa presenza dunha parte importante da emigración galega en Arxentina. A mostra inclúe desde títulos recuperados no seu día polo CGAI, como ‘Ano Santo en Compostela’ (1915), ‘Nuestras fiestas de allá’ (1928), ‘Galicia y Buenos Aires’ (1931) ou ‘El andamio’ (1958), ata unha seleción da produción cinematográfica galega máis recente.
Entre os títulos que se poderán ver figuran documentais como ‘Manuel y Elisa’, de Manuel Fernández-Valdés; ’50 años en el andamio’, de Ángel Rueda; ou ‘Tanyradzwa’, de Alberte Pagán, última gañadora do festival de Play-Doc de Tui. O ciclo complétase con tres longametraxes de ficción (‘Os mortos van depresa’, de Ángel de la Cruz; ‘Pradolongo’, de Ignacio Vilar, e ‘León y Olvido’, de Xavier Bermúdez) e unha pequena selección de novos cineastas, representados polas curtametraxes ‘Paris #1’, de Oliver Laxe; ‘O cazador’, de Ángel Santos, e ‘1977’, de Peque Varela. Dentro da selección adicada aos máis novos figura tamén unha proxección ao aire libre de curtametraxes galegas de animación (‘O soldadiño de chumbo’, ‘A revolta dos mouses’, ‘Leo’, ‘The Werepig’ e O ‘pintor de ceos’).
Ao mesmo tempo tamén unha importante representación galega nas seccións oficiais como ocorrerá coa gañadora dos Goya ‘Celda 211′, produción de Vaca Films, e ‘Agua fría del mar’, coprodución con Costa Rica a cargo de Tic Tac Films que se alzou hai un par de meses co primeiro premio do festival de Róterdam. A representación oficial galega complétase con ‘El poema el cuadro el disco’, documental en torno ao músico Xoel López e o seu proxecto Lovely Luna.