Máis de medio millón de persoas asistiron en Lugo, durante a pasada semana, ás Festas de San Froilán, as máis numerosas de Galicia- con permiso doutra celebración lucense, o Arde Lucus-. Este número é semellante ao de 2013, e superou as previsións que tiña o concello.
Ademáis de achegarse as casetas do pulpo ou ás ‘barracas’, 35.000 paaron polo ‘gastroarte’, intalado en Ramón Ferreiro, e 9.000, tres veces máis que o ano pasado, solicitaron información na caseta instalada polo Concello.
Con todo, dende a Concellería de Cultura de Lugo fan unha será autocrítica no que atingue aos prezos nestos días, “temos que adaptalos aos tempos e evitar que as casetas do pulpo se convirtan en restaurantes de luxo”, asegurou a concelleira.