O BNG de As Neves convoca, “reivindicando o dereito da participación da veciñanza” a unha asamblea aberta que se celebrará na Casa da Auga, na parroquia de Vide, este domingo, día 19, ás 6 e media da tarde.
O voceiro do Bloque no concello de As Neves , subliña que o BNG “aposta pola autoorganización” e proba delo é que o obxectivo desta asamblea é “queremos afondar na colaboración con outras persoas e colectivos e tender pontes que permitan sumar”.
Xosé Manuel Rodríguez, aposta pola “enorme potencialidade de As Neves para mellorar” e engade que os cambios ao concello “non se van dar porque chegue outro alcalde, senon porque o grupo que goberné conte cun proxecto compartido cos veciños”. Na súa opinión,“non se trata de desprazar ao PP, senon, e iso é o importante, de plantexar unha alternativa vencellada aos intereses do pobo”.
Por iso, agarda que o vindeiro domingo os veciños fagan as súas propostas en servizos públicos, na dinamización de das parroquias, nas políticas de benestar e educación- dende a sanidade, pasando por axudas para a compra de libros, comedores es colares, atención aos vello- na participación veciñal, no desenvolvemento, ou en temas da importancia do Plan Xeral de Ordenación Municipal, a seguridade ou a Plaraforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN).