Elexiron Tui como punto de partida do seu Camiño de Santiago. O 1 de agosto, 600 mozos de Cataluña, Baleares e Andorra comezarán na vila tudense acompañados de varios bispos o tramo final do Camiño Portugués. Os pavillóns deportivos de Tui cederanse para acoller aos peregrinos e para facer un evento musical ou folclórico durante a súa estancia.
O Camiño Portugués e o segundo que máis camiñantes seduce entre a multitude de rutas xacobeas polo seu encanto e pola riqueza patrimonial. Outros mozos de Andalucía e galegos residentes en Europa confirmaron a súa presenza na vila, polo que se poderá ver camiñar pola zona a grupos de máis de 500 persoas.