A Universidade de Vigo está de estrea, acaba de dar a coñecer uviGO!, a primeira aplicación para móbiles e tabletas na comunidade universitaria de Galicia. Na actualidade, conta con 1300 usuarios e está dispoñible, tanto para Android como para IOS.
Os alumnos poderán consultar o expediente académico, recibir convocatorias de bolsas ou xestionar trámites administrativos. A iniciativa inclúe servizos para o persoal do sistema universitario, en relación a formación do profesorado, cursos ou sesión académicas. Aos interesados, que non pertenzan á Universidade, poderán ser avisados de actividades culturais. A aplicación contén dende información xeral, ata voluntariado, prácticas ou ofertas de emprego.
Polo momento, uviGO! atópase na etapa inicial, á espera das valoracións dos usuarios para mellorar o servizo. Unha iniciativa, que aposta polas novas tecnoloxías e a administración vía electrónica, facilitando as xestións e a comunicación entre os membros da Universidade.