Vigo al minuto

Amenta o tempo de espera para operarse en Vigo e a lista de agarda so se reduciu en 289 persoas nun ano

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) reduciu, segundo afirma o Servizo Galego de Saúde (Sergas), a súa lista de espera cirúrxica en 289 pacientes durante un ano, pasando de 7.712 en setembro de 2013, a 7.423 pacientes a setembro deste ano, aínda que aumentou o tempo medio de espera, de 111 a 114,8 días.

Segundo os datos que fixo públicos este venres o xerente da área integrada de Vigo, reduciuse o número de pacientes que levan máis de 6 meses á espera dunha intervención cirúrxica, e pasou de 1.538 a 1.267.

Eso sí, empeorou a espera para os pacientes máis graves, os de prioridade 1, que agora agardan unha media de 28,2 días para ser operados, mentres que hai un ano a espera era de 22,5 días. Os pacientes de prioridade 2 teñen unha espera media de 59,4 días, algo máis de 12 menos que hai un ano.

O servizo de traumatoloxía segue sendo o que acumula máis pacientes en lista de espera cirúrxica, un 37,2 % do total; seguido polas áreas de oftalmoloxía e cirurxía xeral. No último ano, reducíronse, tamén, as intervencións cirúrxicas, que pasaron de 26.375 a 25.488.

Entre setembro de 2013 e setembro de 2014, reduciuse o número de pacientes en espera por unha consulta nun 18,73 %; do mesmo modo, tamén hai menos pacientes que leven esperando máis de 6 meses, e a demora media pasou de 76,5 a 62,8 días.

En canto ás probas diagnósticas, hai 8.661 pacientes esperando na área de radioloxía, dos que case 500 levan máis de 6 meses. No caso dos TAC, aumentouse a espera en 17 días, e no caso das resonancias magnéticas, reduciuse a espera en 15 días.

 

 

También te puede interesar