Organizada polo Concello este fin de semana celébrase a ‘XX Edición da Feira da Castaña e do Cogumelo de Riós’, co obxecto de “ensalzar estes produtos tradicionais e promover o futuro económico do noso campo”. Neste 2014 a celebración terá unha duración de dous días, sábado e domingo, contando con actividades dirixidas a todos os plúbicos.
O sábado, día 1, ás 7 da tarde, no salón de actos do Multiusos: Concerto Emilio Rúa. Presentación do seu novo disco: Destino Sur, coa colaboración de Xestreu (entrada gratuita). Ás 8, na Praza do Toural, Magosto Popular, organizado pola Asociación de veciños de Riós e Marcelín, menú a base de: castañas, empanada, panceta, chourizo e bica, castañas e bebida. Prezo: 6€. Para o público en xeral, 3€. para os socios e nenos de ata 10 de anos de balde.
O domingo, día 2, ás 9 e media da mañá, na praza do Toural, saída do Tour Ciclista da Castaña.Ás 10 e media, no recinto feiral, apertura dos stands da Feira; ás 10 e media, na pranta baixa do Multiusos, apertura das Exposicións de variedades da castaña e, ás 11, no recinto feiral, pasarúas a cargo de charanga musical.
Ao mediodía, no recinto feiral, recepción de autoridades e visita oficial aos stands e exposicións, ás 12 e media, desfile do traxe do Entroido do Concello de Riós: O vellarrón, amenizado coa actuación da Banda de Gaitas do Concello de Riós. Á 1, degustación de productos típicos: chourizo, castañas asadas, cogumelos e viño (prezo da degustación: 2€).
Ás 2 da tarde, na praza do Toural, entrega de premios do Tour ciclista, nos restaurantes, menús especiais, con produtos de tempada da Feira da Castaña e do Cogumelo; pulpeiras a prezos populares,
Ás 4 e media, concerto de acordeóns. Escola de Música Bieito Blanco; 5 e media, espectáculo visual: Galicia Terra Meiga rito ancestral da queimada. Espectáculo con lume a cargo da compañía Troula Animación e Bruxo Quieman,. Ás 8, no recinto feiral, clausura.