Comarcas

Detido o fillo do Rei dos xitanos por participar nunha liorta na que houbo dous feridos

Segundo distintas informacións, a Garda Civil de Tui detivo a Sinaí Jiménez, fillo do rei dos xitanos e presidente dos vendedores ambulantes de Galicia, como presunto coautor dun delito de lesións.

O instituto armado denunciouno por participar nunha liorta na que quedaron feridos leves dous homes. Ao parecer todo está relacionado con desavinzas entre familias pola celebración dos mercados ambulantes en Tui.

Sinaí asegurou que non tivo nada que ver con esa liorta e que a Garda Civil só lle pediu que declarase para esclarecer o sucedido. Quedou en liberdade coa obriga de comparecer nos xulgados cando sexa chamado a declarar.

 

También te puede interesar