Galicia

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

Durante a fin de semana, o 061 asistiu a 82 persoas en 68 accidentes de tráfico nas estradas galegas, dende as 3 da tarde do venres, ata a medianoite de hoxe. A nivel nacional, a DGT rexistrou 8 mortos, 2 eran motoristas e outras 2 persoas, peatóns.

Por provincias, A Coruña contabilizou a maior cantidade de accidentes, con 28 sinistros; seguida por Pontevedra, con 26 casos. A continuación, Lugo (10 incidentes), e finalmente Ourense, (4). Por idades, un 42% dos feridos tiña entre 20 e 39 anos.

A Central de Coordinación do 061 recibiu 86 alertas que xeraron 68 asistencias sanitarias. En 75 casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e nas demais ocasións non se necesitou o traslado.

En Galicia, o maior número de atencións por sinistros recaeu o sábado con 30 incidentes, mentras en España, a xornada con máis siniestralidade foi o domingo, con 4 feridos e 3 mortos.

También te puede interesar